martes, 1 de marzo de 2011

Concurso de paxaros

Rematado o prazo de recepción das esculturas para o concurso de paxaros, iníciase ao longo desta semana o período de votacións para escoller a gañadora.

Témolo realmente difícil. Todas, absolutamente todas son fantásticas. Noraboa a todos os nenos e nenas e tamén ás súas familias por crear obras tan fermosas e por traballar xuntos nas casas fomentando a creatividade e a reciclaxe. O profesorado do CEIP San Xoán de Becerreá estamos moi orgullosos de todos vós.





















No hay comentarios: