Aínda que non colgaramos ningunha foto do que fixemos este curso con mateiras de refugallo, non paramos de traballar.
Polo nadal fixemos entre todos unha chea de dodecaedros cos que adornamos as ramas dunhas árboresque podaron uns veciños e que os rapaces de 6º pintaron de verde lima.
E tamén nos deu polo tema animal: os de 1º fixeron uns ratos, e os de 4º unhas ras.
Os de 6º aproveitaron unhas caixas de madeira para facer unha pizarra.
Tamén aproveitamos un montón de materiais para facer a comparsa deste ano do cole: O Sergas.
Esperamos que vos gusten as fotos.
non o tires!
jueves, 19 de abril de 2012
miércoles, 13 de abril de 2011
martes, 29 de marzo de 2011
sábado, 5 de marzo de 2011
Reciclando para o entroido
O venres 4 de marzo tivo lugar o desfile de entroido. Os disfraces realizáronse con materiais de refugallo e na súa construcción participaron todos os nenos e nenas do colexio cos seus profesores e algunha que outra axudiña... ;D
Velaiquí tedes unha pequena mostra fotográfica. Nos vindeiros días poderedes ver a galería completa na web do CEIP SanXoán: http://centros.edu.xunta.es/ceipsanxoan
Velaiquí tedes unha pequena mostra fotográfica. Nos vindeiros días poderedes ver a galería completa na web do CEIP SanXoán: http://centros.edu.xunta.es/ceipsanxoan
martes, 1 de marzo de 2011
Concurso de paxaros
Rematado o prazo de recepción das esculturas para o concurso de paxaros, iníciase ao longo desta semana o período de votacións para escoller a gañadora.
Témolo realmente difícil. Todas, absolutamente todas son fantásticas. Noraboa a todos os nenos e nenas e tamén ás súas familias por crear obras tan fermosas e por traballar xuntos nas casas fomentando a creatividade e a reciclaxe. O profesorado do CEIP San Xoán de Becerreá estamos moi orgullosos de todos vós.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)