sábado, 12 de febrero de 2011

Non oes piar? e CONCURSO



O colexio, durante a vindeira semana do 14 ao 18 de febreiro, acolle unha exposición de máis de cincuenta fotografías de paxaros realizadas por Álvaro Martínez Leiro.


‘Non oes piar?’ é unha mostra aberta a toda a cidadanía, dentro do horario habitual de apertura do centro educativo. Nela pode verse unha colección de fotografías realizadas polo fotógrafo Álvaro Martínez Leiro en Moscoso, Pazos de Borbén, ao longo dos últimos cinco anos.


O propio autor asegura que este proxecto fotográfico “quixera ser unha chamada de reflexión sobre os nosos comportamentos co contorno que nos rodea”. E para iso capta coa súa cámara o marabilloso mundo dos paxaros –que en ocasións pasa desapercibido- e o amplía para facerllo chegar ao espectador.


Xa sabes, a vindeira semana, vide dispostos a "escoitar cos ollos".
Máis información no blog do autor.


E, proveitando esta circunstancia, non o tires! convídavos pa participar no CONCURSO DE CREACIÓN DE ESCULTURAS DE PAXAROS.


Participa individualmente ou en familia (hai cousas que só poden facer os adultos). Podes empregar a técnica que queiras, o modelo, a forma e o tamaño o decidides vós, só hai un aspecto obrigatorio: tes que empregar materiais de refugallo.


Tes de prazo ata o día 25 de febreiro de 2011 para presentar en dirección as vosas creacións, que deberán estar asinadas. Tras esa data, todo o alumnado poderá votar polas súas esculturas preferidas, e como non, haberá algún premio que estará relacionado co mundo da reciclaxe. Anímate!!!


Que non sabes por onde empezar?... Aquí tes algunhas ideas:





















No hay comentarios: