Benvidos a non o tires!, un blog comunitario co obxectivo de recoller e valorar ideas e trucos para traballar nas aulas a reciclaxe, a reutilización e a fabricación de novos obxectos, xa que que a reutilización de materiais de refugallo na escola constitúe un medio eficaz e constructivo para integrar a Educación Ambiental na práctica escolar.
As fontes serán variadas e as webs que consultemos aparecerán recompiladas na categoría de inspiracións. É un blog multidisciplinar elaborado pola comunidade educativa do CEIP San Xoán de Becerreá no que tamén se publicarán as actividades realizadas na escola.
Gustaríanos que colaborases con nós compartindo as túas ideas. Podes facelo enviando un arquivo a ceipsanxoan2@gmail.com, ou podes deixar o teu comentario no blog.
En non o tires! aparece información e imaxes que foron tomadas da rede, se alguna delas ten copyright, por favor informádenos por mail e inmediatamente será reemplazada.

No hay comentarios:
Publicar un comentario